domingo, 13 de octubre de 2013

Fotografía dende a xanela.

Fai uns meses, nunha exposición de fotografía en A Coruña, encontreime cun fotógrafo que chamou moito a miña atención, Vari Caramés. Oin falar de el antes, pero nunca lle din unha oportunidade a súa obra só por ser de Ferrol, pensando que desta cidade pouco bo podía sair a nivel de arte.

Este fotógrafo nado en Ferrol fai 59 anos, autodidacta desde os seus inicios, é un dos fotógrafos máis característicos do panorama galego. As súas fotos; influídas en gran parte pola pintura e, nas primeiros anos, pola fotografía de Uta Barth; poden transmitirme frío e calor, soidade ou familiaridade, dependendo da foto. Nas súas fotos sempre está presente o desenfoque do obxectivo, en maior ou menor medida, dandoche a liberdade de interpretar o que ves. A súa obra retrata constantemente a cotidianidade, os feitos que acontencen día a día, xa que como o propio Vari di: " as miñas fotos retratan as cousas que me suceden no meu día a día".

 O seu discurso é mais cercano a poesía que a técnica; algo que escasea no panorama do noso país, onde a maioría da fotografía centráse nunha boa técnica. Prefiro non falar máis, xa que as imaxes falan por sí mesmas, así que gustaríame que invertirades uns minutos do voso tempo en coñecer a obra, na miña opinión, deste magnífico fotógrafo ferrolano e que se queredes compartades as sensacións que vos transmite a súa obra.


Aquí vos deixo a súa páxina web, onde está a súa obra íntegra: http://www.varicarames.com/
 Un saúdo a todos e todas.

martes, 1 de octubre de 2013

Benvidos.

Boas a todos e todas. A miña intención con esta proposta é que este blog se convirta nun bo espazo no que consultar a actualidade de Galicia, a súa historia e tamén o que sucede no panorama cultural galego; cine, música, fotografía... Así que estades todos convidados a comentar neste blog e entre todos melloralo. Mañá, máis e mellor. Un saúdo a todos.