miércoles, 27 de noviembre de 2013

A luz.

Era unha noite de inverno, polo camiño do monte. Ibamos meu amigo Fran e máis eu. Ó chegar  ao cume do outeiro, vin que se aproximaba unha gran luz, resplandecente. Non sabiamos o que era. Collín medo, moito medo. Cada vez aproximábase máis. Decidimos quedarnos no sitio agochados nunha árbore. A luz estaba ao lado noso, e púxenme nervioso e botei a correr coma un tolo deixando a Fran solo ante iso tan terrorífico. Corrín todo o que pude. Fun a refuxiarme á igrexa da parroquia.
Pasaron os días e ninguén sabía nada de Fran. Decidín facer algo, xa que era o culpable de todo isto. Fun ao mesmo sitio no que o vin a última vez, esperei ata a madrugada. A luz volveu aparecer, pero esta vez cunha persoa máis, estaba el, impasible, sen decir nada como os demais. Daba moito medo. Xa era un mais deles, e iso é algo que nunca podrei perdonarme.

Os mouros.

Non, os mouros non son a etnia propia da cultura musulmana, os mouros foron unha tribo máxica, unha raza mítica que construiu gran parte dos monumentos que perviven ata os nosos días en Galicia. Foron os responsables do erguemento de mámoas, castelos, covas e sobre todo castros, estes últimos donde viviron. Un bo exemplo da construcción destes lugares é o castelo de Vilasobroso en Ponteareas, que según di a lenda erguéronno nunha noite. Baixo os castros nos que vivían, dícese que atopábanse tesouros incríbes como xoias, restrelos ou xugos, todas eles de ouro.

Os mouros tiñan poderes excepcionais, como a forza sobrandeira, que se di dela, que unha moura (ser feminino de extraordinaria beleza) podía levantar cun só dedo un enorme penedo. Proba disto é a lenda do dolmen de Cabaleiros, no concello de Tordoia, da que unha lenda conta que foi unha moura quen trouxo na súa cabeza a pedra que o cobre horizontalmente.

Os mouros tamén son posuidores de fontes, onde levan ás súas bestas a beber e onde adoitan producirse situacións de encantamento, xa que teñen habilidade coa maxia. Os seus costumes eran nocturnos, e presentan conexións coa auga, coa Lúa e coas serpes.

En conclusión, na miña opinión os mouros son unha idealización dun pobo, para explicar a existencia das edificacións xurdidas na época castrexa e en xeral, toda a cultura castrexa.





 

Viaxe.

Fai uns meses sucedeume algo que nunca esquecerei, algo moi pero que moi estraño. Era unha mañá das de sempre, e como non, tiña que facer o que facía todos os días. Levanteime como sempre ao sair o sol, saín da casa deixando a miña muller e aos nenos aínda durmindo e fun cara a fonte a coller auga pra todo o día. De camiño cara a fonte nunha pequena poza que non tería mas de dous metros de profundidade, vin unha especie de torque como o que ten meu pai, que resplandecía ata cegar os ollos. Eu, como non son parvo, deixei o que tiña que facer e dispuxenme a collelo. De repente cain dentro da poza, e misteriosamente, acabei sumerxindome moito máis do que pensaba. Buceei o máximo posible ata que acabarseme o aire. Necesitaba sair a coller aire, e sain pola primera saída a superficie que vin. 

Ao saír a superficie, tardei en darme conta, pero notaba un cheiro raro. Non ulía coma sempre e ademáis ao lonxe escoitábanse uns sons moi estraños, que na miña vida escoitara. Empecei a camiñar por un sendeiro que había preto da saída da poza. Estiven camiñando un bo cacho ata que acabou o camiño, e lindando con este había unha masa negra no chan, moi dura. Detivenme aí e puxenme a analizar ese gran camiño duro e negro. Non entendía o por qué de esa gran masa. Mentras eu seguía dándolle voltas ao asunto, un gran ruido achegábase. Cada vez máis. Era terrible, soaba como o demo. Empecei a visualizalo ao lonxe. Era un monstro, que nin meus peores pesadelos imaxinaría. Era vermello, moi grande e movíase moi deprisa. De repente se detivo no medio do gran camiño negro, estivo durante uns intres parado, e empezou a achegarse esta vez moi lento.
Asomábase unha cabeza, que saia do interior por un oco cadrado, que me miraba moi fixamente, con cara de estrañado. Acercouse ata min, e pronunciou unhas palabras que non era capaz de comprender, ademáis falaba moi rápido. O individuo baixouse do monstro vermello, e púxose diante de min. Ía vestido moi raro, e levaba unhas cousas de cor negro nos pés moi raras que non sei para que carallo servirían. Non entendía nada. Empezou a xesticular e a gritarme, eu intentaba entendelo, pero era incapaz. Farteime daquel individuo e decidín seguir o camiño negro, para ver se encontraba a volta a meu fogar.

Estiven camiñando ata que o sol se puso, e durante todo este tempo o único que vin foron máis seres de eses que tiñan diferentes cores, que ademáis fixeime que botaban un fume negro noxento que non me deixaba respirar. Rematou o camiño e atopeime unha especie de castro xigante cheo de vivendas, con os dichosos artiluxios móviles por todos lados. Entrei na edificación, e empecei a ver a xente sentada na rúa, toda cun obxecto cadrado nas súas mans, sen prestar atención ao demáis. Só despegaban a mirada do chisme ese para mirarme cunha mirada pexorativa. Estaba empezadome a preocupar, ninguén me axudaba, e iso que o intentaba de todas as formas, pero nada.

Decidín tomar a xustiza pola miña conta e intentei recordar paso por paso por onde vin. Emprendín o camiño de volta. Cheguei sano e salvo, pero mentres volvía sobre os meus pasos intentei comprender todo o que vin. Non chegaba a entender como a esa xente facía o que facía. Non respiraba aire limpo, non se levantaban pola mañá e lles daba o vento fresco, nin sequera coidan o que é  seu, a natureza. Ver como a destrúen, non me cabe na cabeza. Parecíanme uns atrasados. Pero bueno, menos mal que son unha minoría, e as futuras xeracións non sexan así.

   
 

A auga.

A semana pasada, buscando información sobre os cultos que realizaban o pobo castrexo, atopeime con que os castrexos tiñan certo tipo de elementos divinizados, un deles era a auga.

A auga é un elemento central en moitas culturas antigas, e a castrexa é unha delas. A auga, nas súas diferentes formas: ríos, mananciais, fontes e océanos tiña un carácter sagrado, e nela se aloxaban divinidades de orixe acuática, como o Hakemann, un home provido dun gancho que levaba a xente ao interior das augas e os devoraba. Aínda así a auga tiña, xeralmente, cualidades positivas. Decíase que certas chuvias, ao procederen do ceo (outro elemento sagrado para os castrexos) tiñan unha natureza sagrada, que fecundaba. Incluso decíase que as pingas das treboadas de verán facían que naceran sapos do solo.

 
As augas tiñan diversas propiedades curativas, curaban males naturais e doenzas de orixe misterioso. Tiñan tamén un carácter purificador, que vese recollido nunha tradición chamada " a tradición do baño das nove ondas", localizada na praia da Lanzada, en Sanxenxo, na que se dicía cá auga de esa zona curaba as dores físicas e psíquicas.

A auga tamén tiña un carácter animado, algo que se ve na crenza de que se se bebía despois dás doce da noite podía xerar doenzas, pois desde esa hora a auga estaba durmida. Pola contra, as que se beben pouco antes do abrente decíase que tiñan un carácter benfeitor, xa que alongaba a vida. Aínda así as mellores augas eran as recollidas no abrente do día de San Xoán, chamadas flor de auga, e que curiosamente é unha tradición que pervive ata os nosos días.

Moitos dos seres que protexían as augas foron cristianizados e pasaron a ser santos. Neste conxunto de santos que foron anteriormente protectores das augas na cultura castrexa pódense sinalar tres grupos: os que pereceron polo lume, como santa Mariña, os que teñen relación coas augas, como san Cristovo; e por último os que teñen relación coas doenzas da pel, as que se aplica unha cura con auga.

A realidade desta cristianización levada á cabo pola relixión dominante vese claramente no feito de que sempre hai nun santuario unha fonte milagreira, elemento clave na cultura castrexa.

Que é Galicia para min?

Levamos xa uns meses vendo a parte de Galicia máis descoñecida, esa Galicia que, raramente, aparece nos medios de comunicación. Hoxe querovos falar de que é esta para min, ou mellor dito, que é aquelo que máis me chama a atención.

En Galicia sempre houbo cousas moi boas no ámbito da arte, pero especialmente dende hai uns anos estáse a dar unha congregación de arte feita por xóvenes talentos, que poucas veces deuse.
Estes rapaces están dando unha visión de Galicia dunha forma inédita. Unha forma na que collen os elementos que sempre nos rodearon e lle dan unha visión distinta. É por iso polo que decidín falar deles, porque comparten en gran parte a miña visión do que é Galicia, que polo de agora, aínda non é manifestado.

No ámbito da fotografía estánse facendo cousas moi moi boas. Un exemplo disto é Lúa Ocaña, unha rapaza de Vigo, que está sendo do mellor que hai agora mesmo en España. A súa obra transmíteme unha sensación de evasión, de calma, unha forma de ver os cores que entendo á perfección, algo que sinto ao cen por cen.

 
É por isto polo que me gusta tanto o que fai, colle as cousas máis sinxelas como unha árbore, unha montaña ou mesmo un ombro, e lle da a súa propia visión, dunha forma moi particular. A partir disto consegue formar unha realidade paralela, algo que considero que é a esencia da fotografía como arte. 
Ela é un dos casos que fai que Galicia teña no ámbito da fotografía a calidade que ten, pero hai moitas máis persoas que fan cousas boísimas como Maya Kapouski ou Juan Vidal.







 Outro arte que está tendo un momento de esplendor creativo é o do cinema, que estase a convertir en referencia a nivel nacional. Un dos cinestas que na miña opinión é un dos mellores do panorama nacional é Lois Patiño. Na súa obra está moi presente a natureza, como unha paisaxe mítica que debe ser contemplada dunha maneira profunda, que pouco a pouco vai distorsionandose e acaba por ser algo que trascende do material. Lois toma como inspiración o entorno galego, no seu último traballo por exemplo a Costa da Morte, e ao igual que Lúa Ocaña lle da a súa propia visión da realidade. Ademais de Lois, existen outros cineastas que están facendo cousas de gran calidade como Eloy Enciso ou Oliver Laxe, ambos gañadores de premios internacionales.

Deixovos aquí por si queredes botar unha ollada a dous do mellores cortos de Lois Patiño: Paisaje-duración/Rocas e Paisaje-duración/Carretera. 




En definitiva, creo que Galicia está pasando por moi bo momento a nivel artístico, e creo que non se está apoiando do todo a esta xente que intenta facer un arte diferente a toda a merda que hai neste país, que paradóxicamente se a está valorando máis fora do páis que dentro. Dentro duns anos daremonos conta, pero quizás sexa demasiado tarde, ou non, por agora non o sabemos.