miércoles, 22 de enero de 2014

Familia Caínzos Sanjurjo.

E para rematar, os meus antepasados do meu avó materno, Julio Caínzos Sanjurjo. Neste caso, por desgraza non puiden chegar moi lonxe, pero bueno. Polo visto proveño por esta parte de Braga ( Portugal). Aquí volo deixo:

 

Familia Morado Otero

Estas navidades adiqueime a intentar chegar os máis lonxe posible aos meus antepasados, indo ao rexistro do concello de Monfero. Cheguei ata principios do século XIX, e como a meirande parte de nós, proveño, polo menos da miña avoa materna, dunha familia labrega que viviu sempre en MonferoAquí vos deixo miña árbore xenealóxica:

lunes, 20 de enero de 2014

Meu avó o viaxeiro.

A partir do ano 59, en España e especialmente en Galicia empezouse a dar de xeito masivo á emigración. España xa non tiña as portas dos demais países cerradas, e era unha boa oportunidade para ter unha vida mellor. Os principais destinos dos emigrantes foron Suiza, Francia, Inglaterra ou Alemaña. Emigrar non era doado, ir a unha terra descoñecida, e deixar todo. Ademáis alá onde ibamos non nos trataban como a xente do propio país, cousa que sei por experiencias contadas.

Na miña familia hai varios casos de emigración, pero o que máis me sorprendeu foi o de meu avó materno, Julio Caínzos Sanjurjo. Meu avó naceu no ano 1938 en Monfero. Fillo de labregos, tivo que poñerse a traballar aos 8 anos cos seus pais. Aos 14 xa traballaba como carpinteiro na aldea, polo que non tivo unha infancia moi doada. Xa no ano 60, coa miña avoa como noiva, tivo unha oportunidade de ouro: emigrar cara Holanda en busca de traballo. Foi el só, e se encontraba algo estable levaría á miña avoa. E alá foi.

 ( Rotterdam, 1963) 
Traballou durante un tempo no porto de Rotterdam facendo carga e descarga de mercadorías e alí mediante un contacto do porto, encontrou un traballo na lavandeiría dun transatlántico de luxo, o Rotterdam, coa compañía de bastantes galegos. Meu avó recorda esa época como unha das máis felices da súa vida.
(Bali, Indonesia. 1964)



(San Francisco, EEUU. 1963)


Estivo 4 anos embarcado e deu 2 voltas ao mundo. Xamais pensei que estivera en tantos sitios como nos que estivo, dende Indonesia a Hawaii, como tampouco as cousas que viviu en cada lugar, como por exemplo, o asesinato de John Kennedy en Dallas no ano 1963. A súa vida non tiña complicacións, de porto en porto, descubrindo novos lugares, excepto por unha cousa: a miña avoa.        


Mentres el andaba de país en país, miña avoa estaba agardandoo. 4 anos son moitos anos para esperar por alguén, así que tiña que decidir. Ou seguía embarcado, ou miña avoa cambiaba de mozo. Finalmente meu avó aceptou e no ano 67 meu avó volveu a Galicia coa miña avoa.

(Los Ángeles, EEUU. 1963)
 

Experiencia da escola franquista.

Os anos da posguerra foron anos moi duros, aínda maís que os anos da propia guerra. Foron anos de moita pobreza, especialmente no rural, no que o país estaba destruído polo conflicto e que ata ben entrada a década dos 50, coa axuda doutros países, non melloraría a situación económica.

En Galicia a situación era especialmente dura; cunha poboación a maioría vivindo no rural, facíase difícil o progreso nestas terras. Aquí é onde entra a historia da miña avoa, Hilda Morado Otero. Naceu en Monfero no ano 42, filla de Benigno Morado Pico (1912-1985) e María Antonia Otero Varela (1915-2007). O seu pai participou na Guerra Civil no bando franquista, e estivo fora da casa 3 anos, no fronte do Ebro e en Extremadura, por sorte, facendo labores administrativas. No ano 50 miña avoa e a súa familia viñeron para Ferrol, en busca dunha vida un pouco menos dura ca no rural. Os meus bisavós montaron un bar na rúa do Sol chamado “La Sorpresa”, coñecido en todo Ferrol por ser o bar donde iban todos os militares e traballadores de Bazán.

Miña avoa a segunda pola esquerda.

Miña avoa, a da esquerda.
 
Neses anos miña avoa, que tiña 8 anos, tiña a suerte de ir a unha academia para que lle preparasen para entrar no Bacharelato, que curiosamente era neste mesmo instituto. A escola era moito máis dura, no sentido disciplinar, e como xa sabemos do que nos din sempre, os profesores utilizaban moi a menudo a violencia para facer entrar en razón. Pero o que máis me sorprendeu de todo ,e que cando lle preguntei a miña avoa por esa etapa da escola, a recorda dun xeito feliz, no que non tiña medo dos profesores.


O paso da miña avoa pola escola foi bastante breve, xa que, como di ela, aos seis meses tivo que deixala, xa que manter a tres fillos na escola non era doado, e ela a maior dos tres tivo que asumilo.

En resumo, pode que na maioría das escolas franquistas estivese implantada a man dura, e o “lavado de cerebro” coa ideoloxía fascista, pero polo menos hai xente que a recorda como unha época bonita, xa que ao fin e ao cabo, un neno nesa época segue sendo un neno.