Os
anos da posguerra foron anos moi duros, aínda maís que os anos da
propia guerra. Foron anos de moita pobreza, especialmente no rural,
no que o país estaba destruído polo conflicto e que ata ben entrada
a década dos 50, coa axuda doutros países, non melloraría a
situación económica.
En
Galicia a situación era especialmente dura; cunha poboación a
maioría vivindo no rural, facíase difícil o progreso nestas
terras. Aquí é onde entra a historia da miña avoa, Hilda Morado
Otero. Naceu en Monfero no ano 42, filla de Benigno Morado Pico
(1912-1985) e María Antonia Otero Varela (1915-2007). O seu pai
participou na Guerra Civil no bando franquista, e estivo fora da casa
3 anos, no fronte do Ebro e en Extremadura, por sorte, facendo
labores administrativas. No ano 50 miña avoa e a súa familia
viñeron para Ferrol, en busca dunha vida un pouco menos dura ca no
rural. Os meus bisavós montaron un bar na rúa do Sol chamado “La
Sorpresa”, coñecido en todo Ferrol por ser o bar donde iban todos
os militares e traballadores de Bazán.
![]() |
Miña avoa a segunda pola esquerda. |
![]() |
Miña avoa, a da esquerda. |
Neses
anos miña avoa, que tiña 8 anos, tiña a suerte de ir a unha
academia para que lle preparasen para entrar no Bacharelato, que
curiosamente era neste mesmo instituto. A escola era moito máis
dura, no sentido disciplinar, e como xa sabemos do que nos din
sempre, os profesores utilizaban moi a menudo a violencia para facer
entrar en razón. Pero o que máis me sorprendeu de todo ,e que cando
lle preguntei a miña avoa por esa etapa da escola, a recorda dun
xeito feliz, no que non tiña medo dos profesores.
O
paso da miña avoa pola escola foi bastante breve, xa que, como di
ela, aos seis meses tivo que deixala, xa que manter a tres fillos na
escola non era doado, e ela a maior dos tres tivo que asumilo.
En
resumo, pode que na maioría das escolas franquistas estivese
implantada a man dura, e o “lavado de cerebro” coa ideoloxía
fascista, pero polo menos hai xente que a recorda como unha época
bonita, xa que ao fin e ao cabo, un neno nesa época segue sendo un
neno.
No hay comentarios:
Publicar un comentario