lunes, 20 de enero de 2014

Meu avó o viaxeiro.

A partir do ano 59, en España e especialmente en Galicia empezouse a dar de xeito masivo á emigración. España xa non tiña as portas dos demais países cerradas, e era unha boa oportunidade para ter unha vida mellor. Os principais destinos dos emigrantes foron Suiza, Francia, Inglaterra ou Alemaña. Emigrar non era doado, ir a unha terra descoñecida, e deixar todo. Ademáis alá onde ibamos non nos trataban como a xente do propio país, cousa que sei por experiencias contadas.

Na miña familia hai varios casos de emigración, pero o que máis me sorprendeu foi o de meu avó materno, Julio Caínzos Sanjurjo. Meu avó naceu no ano 1938 en Monfero. Fillo de labregos, tivo que poñerse a traballar aos 8 anos cos seus pais. Aos 14 xa traballaba como carpinteiro na aldea, polo que non tivo unha infancia moi doada. Xa no ano 60, coa miña avoa como noiva, tivo unha oportunidade de ouro: emigrar cara Holanda en busca de traballo. Foi el só, e se encontraba algo estable levaría á miña avoa. E alá foi.

 ( Rotterdam, 1963) 
Traballou durante un tempo no porto de Rotterdam facendo carga e descarga de mercadorías e alí mediante un contacto do porto, encontrou un traballo na lavandeiría dun transatlántico de luxo, o Rotterdam, coa compañía de bastantes galegos. Meu avó recorda esa época como unha das máis felices da súa vida.
(Bali, Indonesia. 1964)



(San Francisco, EEUU. 1963)


Estivo 4 anos embarcado e deu 2 voltas ao mundo. Xamais pensei que estivera en tantos sitios como nos que estivo, dende Indonesia a Hawaii, como tampouco as cousas que viviu en cada lugar, como por exemplo, o asesinato de John Kennedy en Dallas no ano 1963. A súa vida non tiña complicacións, de porto en porto, descubrindo novos lugares, excepto por unha cousa: a miña avoa.        


Mentres el andaba de país en país, miña avoa estaba agardandoo. 4 anos son moitos anos para esperar por alguén, así que tiña que decidir. Ou seguía embarcado, ou miña avoa cambiaba de mozo. Finalmente meu avó aceptou e no ano 67 meu avó volveu a Galicia coa miña avoa.

(Los Ángeles, EEUU. 1963)
 

No hay comentarios:

Publicar un comentario