lunes, 21 de abril de 2014

Universo Fluzo.


Galicia tamén é terra de moi bós músicos, ademáis de Carlos Núñez e demáis trapallada. Fluzo é un exemplo. Este dúo, co nome orixinado da película dos 80 "Regreso ao futuro", está formado por dous rapaces de Lugo (Javi e Hevi), vellos coñecidos da escena rap en Galicia, afincados en Santiago. Eles representan a vertente máis experimental do rap nacional. A música, a cargo de Javi, é unha mestura de diversos estilos, dende lóxicamente o rap máis clásico, ata o bebop dos anos 40 pasando polo IDM ou o funk. Pero non nos equivoquemos, aquí non hai nin reciclaxe nin homenaxe a ninguén, aquí hai una asimilación das influencias pasadas polo filtro galego. Con isto me refiro tamén ás letras, se cabe, o mellor do grupo. Éstas están a cargo de Hevi, escritas 100% en galego "castrapo", e mostran o que é o universo fluzoniano, onde caben festas onde menear as cachas, amores obsesivos ou momentos onde Hevi é feliz sendo triste. Así é o pequeno universo que crearon estes dous locos da música, que por agora non son moi coñecidos polo mundo adiante, quizais debido a súa arriscada proposta. 

Portada do seu 1º disco "Fluzo"




















Se queredes visitar a súa páxina web onde se poden descargar os seus dous álbumes pinchade aquí, ademáis deixovos un videoclip de agasallo do seu hit Mundo Verde. Disfrutade oh!


Todos vós sodes capitáns, se queredes.


"O espectador debía ser consciente en todo momento de que ese personaxe cínico e estúpido que eu represento na película é ao mesmo tempo o ser que sente ao facela, algo evidente unha vez que me expulso da película e me eclipso detrás da cámara, facéndose, paradóxicamente, máis evidente a miña presencia. Necesitaba lograr que "Todos vós sodes capitáns" fose unha película romántica sin parecelo. Penso ca imaxe desenfocada do cartel evoca perfectamente a idea de que as veces se ven mellor as cousas dende certa distancia. A distancia é sempre boa, sobre todo nos procesos creativos. Na escena inicial da película, cando os nenos están mirando ao avión, un deles suxire que se cerran os ollos poderán velo mellor." Oliver Laxe


Oliver Laxe (París, 1982) é un tipo de director en perigo de extinción, un director ocultado, non exhibido prácticamente, que se mantén ao marxe de toda a parafernalia que é o cine comercial en España. É un director que arrisca, e fai un cine diferente, contrario se cabe a calquer beneficio. Este cine diferente, tanto por contenido como por forma, comprometido cós ideais que defende o director móstranse no seu primeiro e único largometraxe, "Todos vós sodes capitáns". Éste constrúese a partir da idea do "cine dentro do cine", dun falso documental ou ficción documentalizada, que narra a relación entre o director e uns nenos problemáticos, que participan nun taller audiovisual para que estes narren a súa realidade.






Unha realidade como é a de Tánxer, completamente hostil, onde un estranxeiro pretende que se graben os robos cometidos, os intentos de traspasar a fronteira con España chocando coa intención dos nenos de fuxir por completo da súa realidade, amparándose nas cousas sinxelas como os animais, as árbores. E é desta evasión dos nenos onde se produce o conflito entre eles e o propio director e a expulsión deste. Pero unha vez detrás da cámara faise visible a man do director, aínda que os nenos decidan que graban, non poden evitar grabar a súa realidade, moi pouco esperanzadora. 

Eles son capitáns, mentras graban, soñan ou deciden qué fotografiar, pero iso ten unha data de caducidad, e a exclusión non perdoa, e menos na infancia, pero o que sempre quedará é a capacidade de imaxinar e soñar.

Fotografía galega.

Se por algo destaca Galicia no panorama artístico é por ter unha gran cantidade de fotógrafos boísimos. Xa na 1ª avaliación vos falei de Lúa Ocaña e Maya Kapouski, ambas fotógrafas de Vigo, que amosan unha mirada especial. Hoxe tamén vos traigo uns cantos fotógrafos/as cun estilo moi particular, pouco convencional se cabe, para que 

Miguel Vidal é un perfecto exemplo, ben é certo que xa non é un rapaz, ten 46 anos, pero este pontevedrés fai unhas fotos únicas, combinando branco e negro e cor, e transmitindo na súa obra moita delicadeza, angustia, e moita melancolía. Todo o que fai ten un ton melancólico que chega ao fondo do corazón, ou polo menos a min. As súas fotos son composicións de enorme beleza, na miña opinión, que dan ganas de miralas horas e horas.   








Outro exemplo do bo momento que está pasando a fotografía galega é Daniel Garzee, un rapaz de 23 anos de Vigo. Daniel é coñecido pola fotografía de moda que fai,chegando a publicar na revista Vogue, aínda cá considera como un complemento da fotografía que realmente lle gusta, a artística. Nas súas fotos mostra o gran talento visual que ten, amosando un gran tratamento das cores e capacidade compositiva. Daniel considérase un romántico, algo que se nota claramente na estética das fotos, intimista e espidas. É aí onde reside o encanto das súa obra, na sinxeleza. Unha sinxeleza, non obstante, chea de sentimentos, aqueles que transmite a través daquelas persoas que retrata. 






Por último quero citar a Maider Jiménez, rapaza ferrolana de 21 anos, residente en Vitoria. Maider é unha das fotógradas con máis talento do panorama galego, e nacional, cunha visión moi especial. Ela é melancólica por natureza e como non, o plasma nas súas fotos, cheas de cores, que transmiten un torrente de emocións. Na súa obra vese esa visión especial que ten, sacando o o que quere das persoas que retrata, xa que como ela di, intenta buscarse a si mesma nos demáis.





Estes son só uns exemplos do bo momento que está tendo a fotografía en Galicia, pero isto é debido só aos artistas, que vense na obrigación de crear cos poucos medios que ten; e que resulta, que en poucos sitios poden expoñer as súas obras, e nin falar de apoio das institucións. Por sorte, a creatividad sempre estará por encima de todo.