lunes, 21 de abril de 2014

Todos vós sodes capitáns, se queredes.


"O espectador debía ser consciente en todo momento de que ese personaxe cínico e estúpido que eu represento na película é ao mesmo tempo o ser que sente ao facela, algo evidente unha vez que me expulso da película e me eclipso detrás da cámara, facéndose, paradóxicamente, máis evidente a miña presencia. Necesitaba lograr que "Todos vós sodes capitáns" fose unha película romántica sin parecelo. Penso ca imaxe desenfocada do cartel evoca perfectamente a idea de que as veces se ven mellor as cousas dende certa distancia. A distancia é sempre boa, sobre todo nos procesos creativos. Na escena inicial da película, cando os nenos están mirando ao avión, un deles suxire que se cerran os ollos poderán velo mellor." Oliver Laxe


Oliver Laxe (París, 1982) é un tipo de director en perigo de extinción, un director ocultado, non exhibido prácticamente, que se mantén ao marxe de toda a parafernalia que é o cine comercial en España. É un director que arrisca, e fai un cine diferente, contrario se cabe a calquer beneficio. Este cine diferente, tanto por contenido como por forma, comprometido cós ideais que defende o director móstranse no seu primeiro e único largometraxe, "Todos vós sodes capitáns". Éste constrúese a partir da idea do "cine dentro do cine", dun falso documental ou ficción documentalizada, que narra a relación entre o director e uns nenos problemáticos, que participan nun taller audiovisual para que estes narren a súa realidade.






Unha realidade como é a de Tánxer, completamente hostil, onde un estranxeiro pretende que se graben os robos cometidos, os intentos de traspasar a fronteira con España chocando coa intención dos nenos de fuxir por completo da súa realidade, amparándose nas cousas sinxelas como os animais, as árbores. E é desta evasión dos nenos onde se produce o conflito entre eles e o propio director e a expulsión deste. Pero unha vez detrás da cámara faise visible a man do director, aínda que os nenos decidan que graban, non poden evitar grabar a súa realidade, moi pouco esperanzadora. 

Eles son capitáns, mentras graban, soñan ou deciden qué fotografiar, pero iso ten unha data de caducidad, e a exclusión non perdoa, e menos na infancia, pero o que sempre quedará é a capacidade de imaxinar e soñar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario