lunes, 21 de abril de 2014

Fotografía galega.

Se por algo destaca Galicia no panorama artístico é por ter unha gran cantidade de fotógrafos boísimos. Xa na 1ª avaliación vos falei de Lúa Ocaña e Maya Kapouski, ambas fotógrafas de Vigo, que amosan unha mirada especial. Hoxe tamén vos traigo uns cantos fotógrafos/as cun estilo moi particular, pouco convencional se cabe, para que 

Miguel Vidal é un perfecto exemplo, ben é certo que xa non é un rapaz, ten 46 anos, pero este pontevedrés fai unhas fotos únicas, combinando branco e negro e cor, e transmitindo na súa obra moita delicadeza, angustia, e moita melancolía. Todo o que fai ten un ton melancólico que chega ao fondo do corazón, ou polo menos a min. As súas fotos son composicións de enorme beleza, na miña opinión, que dan ganas de miralas horas e horas.   








Outro exemplo do bo momento que está pasando a fotografía galega é Daniel Garzee, un rapaz de 23 anos de Vigo. Daniel é coñecido pola fotografía de moda que fai,chegando a publicar na revista Vogue, aínda cá considera como un complemento da fotografía que realmente lle gusta, a artística. Nas súas fotos mostra o gran talento visual que ten, amosando un gran tratamento das cores e capacidade compositiva. Daniel considérase un romántico, algo que se nota claramente na estética das fotos, intimista e espidas. É aí onde reside o encanto das súa obra, na sinxeleza. Unha sinxeleza, non obstante, chea de sentimentos, aqueles que transmite a través daquelas persoas que retrata. 






Por último quero citar a Maider Jiménez, rapaza ferrolana de 21 anos, residente en Vitoria. Maider é unha das fotógradas con máis talento do panorama galego, e nacional, cunha visión moi especial. Ela é melancólica por natureza e como non, o plasma nas súas fotos, cheas de cores, que transmiten un torrente de emocións. Na súa obra vese esa visión especial que ten, sacando o o que quere das persoas que retrata, xa que como ela di, intenta buscarse a si mesma nos demáis.





Estes son só uns exemplos do bo momento que está tendo a fotografía en Galicia, pero isto é debido só aos artistas, que vense na obrigación de crear cos poucos medios que ten; e que resulta, que en poucos sitios poden expoñer as súas obras, e nin falar de apoio das institucións. Por sorte, a creatividad sempre estará por encima de todo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario