Era unha noite de inverno, polo camiño do monte. Ibamos meu amigo Fran e máis eu. Ó chegar ao cume do outeiro, vin que se aproximaba unha gran luz, resplandecente. Non sabiamos o que era. Collín medo, moito medo. Cada vez aproximábase máis. Decidimos quedarnos no sitio agochados nunha árbore. A luz estaba ao lado noso, e púxenme nervioso e botei a correr coma un tolo deixando a Fran solo ante iso tan terrorífico. Corrín todo o que pude. Fun a refuxiarme á igrexa da parroquia.
Pasaron os días e ninguén sabía nada de Fran. Decidín facer algo, xa que era o culpable de todo isto. Fun ao mesmo sitio no que o vin a última vez, esperei ata a madrugada. A luz volveu aparecer, pero esta vez cunha persoa máis, estaba el, impasible, sen decir nada como os demais. Daba moito medo. Xa era un mais deles, e iso é algo que nunca podrei perdonarme.
No hay comentarios:
Publicar un comentario