Sempre existiron máis persoas na historia das que, querendo,
ou sen querer, poderiamos chegar a coñecer.
Unha triste realidade,
e sobretodo, se falamos de persoas que estiveron tan cerca de nós. Sen ir moito
máis lonxe, só fai falta viaxar ata Viveiro e mirar 112 anos cara atrás, (que pensandoo ben, tampouco son
tantos). Estando alí, e xa metidos un pouco máis no tema, poderíamos
coñecer a Maruja Mallo.
Nada no ano 1902, nunha sociedade escasa en liberdade, sendo
muller e contando cunha cantidade
desmesurada de inconvintes sociais e históricos. Aínda así, conseguiu ser recoñecida no mundo da arte, a pesar de non acabar tendo todo o recoñecemento que merece.
Tal vez, con só mencionar que unha das persoas que si deu
valor o seu traballo dende un primeiro momento foi Salvador Dalí, dealle un pouco
máis de interese o asunto. E así é. Maruja Mallo, nacida en galiza, consegiu xuntar
a unha pintora, unha revolucionaria e a unha transgresora do arte nunha mesma
persoa.
A sua primeira exposición foi no ano 1922, a corta idade de
20 anos, Maruja Malló, naquel momento coñecida como Marujita Gómez, xa empezaba
a facer das suas axudándose con só un pincel e un pouco de imaxinación.
Tan só un ano despois desa primeira exposición, xorde en
España, un gran cambio, Primo de Rivera chega dando un golpe de estado. Impuxo
unha censura dos medios de comunicación, o que afectou gravemente non só a
nivel social, se non tamén a nivel cultural. Faltaría así unha gran cantidade
de información artística exterior, tanto literaria, como a nivel pictórico.
Todo isto, xerou unha gran cantidade de opositores a ese
réxime que Primo de Rivera quixo implantar á forza. Comunistas, anarquistas,
nacionalistas catalanes, e republicanos levantábanse cada vez con máis forza.
Tan só 4 anos despois
de ese golpe, fúndase a chamada “Alianza republicana” coa que Maruja Mallo sentíase moi comprometida
e identificada. Ela mesma chegou a dicir cousas como:
'A arte é un presaxio un anticipo revolucionario.
Non se incorpora nin segue os movementos políticos. Na contra é a política a
que se enrola na arte.'
Debido o traballo de seu pai, mudou a Madrid, onde
podería estudar e formarse máis coma artista e persoa nunha escola de belas artes. Sometida a frecuentes cambios, e toda a catástrofe que
alí había, fixo que en 1929 a sua obra dera un xiro de 180º graos, e convertindo
todo o que ela coñecía en algo sombrío, escuro, tenebroso, tamén chamado
surrealismo negro.
Alí formou parte dos
movementos de vangarda, chegando a ser unha das representantes máis importantes
da xeración do 27, compartindo ese placer con artistas do nivel de Dalí, Lorca ou
Alberti
Cando comeza a guerra civil,
Maruja, vese obligada a esconderse en América Latina, facéndose así, compañeira
do olvido. A súa obra foi recoñecida en moitos países do extranxeiro, e sen embargo, aquí, na súa terra, non se lle da nin a metade de todo o recoñecemento que ten gañado, pero isto é o noso pan de cada día, e mesmo dáse agora.