Para entendernos; o falso documental doutro día é unha perfecta metáfora do que é hoxe en día a información, non só en España, senón en todo o mundo. Vivimos unha época na que todo está maquillado, parcialmente contado, sempre contando a parte da historia que máis convén. A maioría do público, e en ocasións inclúome eu, traga con todo. Non se adica a cuestionarse qué é o que se agocha trala información contada. Convertímonos en oíntes, non en pensantes, e máis aínda cando a maioría dos programas que se emiten teñen pouco para reflexionar.
Pero o peor de todo é a gran influencia que teñen os medios de comunicación sobre a xente. Fan con nós o que queren. É increíble como a xente cre a cegas nalgo, que nin sequera atreviuse a contrastar! Pero ollo, mellor non facelo, non vaia a ser que pensemos pola nosa conta e cuestionemos o que escoitamos e vemos. É por iso polo que o programa de Salvados deixoume tan pensativo co tema. Fíxome vivir nas miñas propias carnes o engano máis absoluto, e ver como iso, en maior ou menor medida, fano continuamente os medios.
Non aspiro a que a xente de repente teña un sentido crítico enorme, pero si a utilizar a cabeza un pouco. A cousa cada vez vai a peor e agora a manipulación informativa ( e non informativa) cheira moito.
O programa de Salvados volo poño no blog xeral de Pacharistas, para que así se poda comentar e o vexades mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario