Por último vouvos falar dun gran acontecemento político realizado polo noso alcalde, Rey Varela, a semana pasada e que supón un fito na historia da nosa cidade: a inauguración duns aseos no cemiterio de Catabois.
Si señor, iso é un alcalde comprometido co seu pobo, deixando a súa apretadísima axenda a un lado e indo a botarlle un ollo a unhas instalacións de vital importancia como son uns váteres, ademais ubicados nun cemiterio, que polo visto debe de ser un lugar onde hai bastante tránsito de xente que fai de ventre, porque senón non me explico un gasto de 25.000 euros.
Está claro que facendo este tipo de actos públicos se demostra o gran prestixio que ten o goberno local, centrado en actos públicos como este.
E xa non sei se este é un feito que incita á rebelión, á risa, á desesperación ou a unha amalgama de estas tres, pero o que si sei é que este feito ten grandes dosis de surrealismo, algo, non o olvidemos, común nesta cidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario