Raíz cuadrada de 64, 8. Atributo vai acompañado sempre de verbos copulativos. Triángulo equilátero é aquel que ten todos seus lados iguais. Jesús convertiu a agua en viño. Suxeito dunha oración é aquel que realiza a acción. As pedras en pan e peces. Rosalía de Castro publicou Follas Novas en 1880. Non debuxes fóra da liña. A desamortización de Mendizábal buscou o aumento dos ingresos debido á guerra carlista. O galego normativizouse a partir da década dos 80. Primo de Rivera morre no ano 1930. Coñécese como coeficiente de caixa ao porcentaxe que debe manter un banco en reservas líquidas. Non fales na clase. Valor financieiro representa os dereitos parciales de propietario sobre certa sociedade. A guerra de Cuba finalizou no ano 1898. Terceira persoa do singular do presente do indicativo do verbo to be. Castelao publicou Un ollo de vidro en 1922. Non penses.
¿Aprendiches algo con isto? ¿Faiche medrar como persoa?
Isto é o que somos. Somos froito dunha educación mecánica. Adicada completamente á memorización. Dende que comezamos a escola vanos introducindo o chip que nos convertirá en robots, ata agora, completamente mecanizados, atrofiados tanto sensitivo coma emocionalmente. Favorecendo a continuidade da roda. Sendo parte todos dun mesmo rebaño. A diferencia leva á exclusión. Esto é así. No fondo, todos estes anos non nos aportan nada, ademáis de absurdos coñecementos a maioría das ocasións.
No hay comentarios:
Publicar un comentario