Fai uns meses sucedeume algo que nunca esquecerei, algo moi pero que moi estraño. Era unha mañá das de sempre, e como non, tiña que facer o que facía todos os días. Levanteime como sempre ao sair o sol, saín da casa deixando a miña muller e aos nenos aínda durmindo e fun cara a fonte a coller auga pra todo o día. De camiño cara a fonte nunha pequena poza que non tería mas de dous metros de profundidade, vin unha especie de torque como o que ten meu pai, que resplandecía ata cegar os ollos. Eu, como non son parvo, deixei o que tiña que facer e dispuxenme a collelo. De repente cain dentro da poza, e misteriosamente, acabei sumerxindome moito máis do que pensaba. Buceei o máximo posible ata que acabarseme o aire. Necesitaba sair a coller aire, e sain pola primera saída a superficie que vin.
Ao saír a superficie, tardei en darme conta, pero notaba un cheiro raro. Non ulía coma sempre e ademáis ao lonxe escoitábanse uns sons moi estraños, que na miña vida escoitara. Empecei a camiñar por un sendeiro que había preto da saída da poza. Estiven camiñando un bo cacho ata que acabou o camiño, e lindando con este había unha masa negra no chan, moi dura. Detivenme aí e puxenme a analizar ese gran camiño duro e negro. Non entendía o por qué de esa gran masa. Mentras eu seguía dándolle voltas ao asunto, un gran ruido achegábase. Cada vez máis. Era terrible, soaba como o demo. Empecei a visualizalo ao lonxe. Era un monstro, que nin meus peores pesadelos imaxinaría. Era vermello, moi grande e movíase moi deprisa. De repente se detivo no medio do gran camiño negro, estivo durante uns intres parado, e empezou a achegarse esta vez moi lento.
Asomábase unha cabeza, que saia do interior por un oco cadrado, que me miraba moi fixamente, con cara de estrañado. Acercouse ata min, e pronunciou unhas palabras que non era capaz de comprender, ademáis falaba moi rápido. O individuo baixouse do monstro vermello, e púxose diante de min. Ía vestido moi raro, e levaba unhas cousas de cor negro nos pés moi raras que non sei para que carallo servirían. Non entendía nada. Empezou a xesticular e a gritarme, eu intentaba entendelo, pero era incapaz. Farteime daquel individuo e decidín seguir o camiño negro, para ver se encontraba a volta a meu fogar.
Estiven camiñando ata que o sol se puso, e durante todo este tempo o único que vin foron máis seres de eses que tiñan diferentes cores, que ademáis fixeime que botaban un fume negro noxento que non me deixaba respirar. Rematou o camiño e atopeime unha especie de castro xigante cheo de vivendas, con os dichosos artiluxios móviles por todos lados. Entrei na edificación, e empecei a ver a xente sentada na rúa, toda cun obxecto cadrado nas súas mans, sen prestar atención ao demáis. Só despegaban a mirada do chisme ese para mirarme cunha mirada pexorativa. Estaba empezadome a preocupar, ninguén me axudaba, e iso que o intentaba de todas as formas, pero nada.
Decidín tomar a xustiza pola miña conta e intentei recordar paso por paso por onde vin. Emprendín o camiño de volta. Cheguei sano e salvo, pero mentres volvía sobre os meus pasos intentei comprender todo o que vin. Non chegaba a entender como a esa xente facía o que facía. Non respiraba aire limpo, non se levantaban pola mañá e lles daba o vento fresco, nin sequera coidan o que é seu, a natureza. Ver como a destrúen, non me cabe na cabeza. Parecíanme uns atrasados. Pero bueno, menos mal que son unha minoría, e as futuras xeracións non sexan así.
No hay comentarios:
Publicar un comentario