miércoles, 27 de noviembre de 2013

Os mouros.

Non, os mouros non son a etnia propia da cultura musulmana, os mouros foron unha tribo máxica, unha raza mítica que construiu gran parte dos monumentos que perviven ata os nosos días en Galicia. Foron os responsables do erguemento de mámoas, castelos, covas e sobre todo castros, estes últimos donde viviron. Un bo exemplo da construcción destes lugares é o castelo de Vilasobroso en Ponteareas, que según di a lenda erguéronno nunha noite. Baixo os castros nos que vivían, dícese que atopábanse tesouros incríbes como xoias, restrelos ou xugos, todas eles de ouro.

Os mouros tiñan poderes excepcionais, como a forza sobrandeira, que se di dela, que unha moura (ser feminino de extraordinaria beleza) podía levantar cun só dedo un enorme penedo. Proba disto é a lenda do dolmen de Cabaleiros, no concello de Tordoia, da que unha lenda conta que foi unha moura quen trouxo na súa cabeza a pedra que o cobre horizontalmente.

Os mouros tamén son posuidores de fontes, onde levan ás súas bestas a beber e onde adoitan producirse situacións de encantamento, xa que teñen habilidade coa maxia. Os seus costumes eran nocturnos, e presentan conexións coa auga, coa Lúa e coas serpes.

En conclusión, na miña opinión os mouros son unha idealización dun pobo, para explicar a existencia das edificacións xurdidas na época castrexa e en xeral, toda a cultura castrexa.





 

No hay comentarios:

Publicar un comentario