martes, 20 de mayo de 2014

O diario do mañá cara unha sociedade ideal

18 de Febreiro de 2040

Querido diario: Isto non é fácil de dicir, pero abandoneite un pouco dende aquel día de fai hoxe vinte anos. Non foi algo premeditado, ou tal vez si, pero o caso é que pedinlle ó meu irmán que escondera este anaco de alma para poder encontralo no futuro e escribir sobre cánto cambiaron as cousas por aquí. E por suposto, ler todas as cousas que escribía cando era tan só un neno, e comparar o pasado e reflexionar sobre se cambiaron as cousas para ben ou para mal. É unha idea orixinal, pero tal vez tiven que esperar moito. Comezo entón:

Acabei a carreira, si, despois desa crise económica que nos sumira na miseria no ano 2017. Recordo aqueles tempos cando case ninguén tiña para comer. As cidades practicamente desapareceron porque os cidadáns preferiron marcharse para os seus pobos e comezar unha nova vida dos produtos que lles brindara a terra. Recordo tamén (como para esquecer ese detalle) que eu fun dos poucos que conseguiron pagar a universidade e emigrar a outro país. Foi unha boa decisión, e cando conseguín un bo colchón para vivir (metaforicamente falando) regresei á miña terra coma se fose Rosalía de Castro. E a imaxe da nova Galicia foi unha das maiores e máis sorprendentes sorpresas que nunca tiven. As cousas cambiaron un montón e agora podo presumir de ter todos os avances que saíron ó mercado das novas tecnoloxías. Fai vinte anos pensábamos que xa estaba todo inventado, pero non. Agora os móbiles permítenche navegar por internet á velocidade da luz  e ven un botón incorporado onde podes teletransportar calquer  obxecto que precises (excepto persoas, as persoas non podemos todavía). Estes avances non foron nada comparados cos avances en locomoción, xa que o invento do século foi poder darlle a un botón no que o noso automóbil empequenecera ata ser do tamaño dun chaveiro e poder gardalo no peto cando non encontramos aparcamento.

Independentemente de todos os iphones 5,6,7,8 e ata 15 tipos diferentes que se fabricaron e todas as pantallas 3D das que gozamos todos e cada un de nos nas nosas casas, tamén houbo avances na economía de Galicia e do país en xeral. Hoxe podemos presumir que superamos a crise e con moi bo pe, xa que buscar traballo aquí é tan doado como fritir un ovo con patacas. É doado, obviamente, sempre e cando termines uns estudos previos, estudos que son financiados case na súa totalidade polo Estado e todo o mundo pode gozar. Así é, o problema do paro xa non é un problema hoxe en día e España situouse nun dos primeiros postos das potencias Europeas e mundiais. E Galicia afortunadamente, é unha comunidade próspera onde predomina a ledicia cidadán e a esperanza de que pase o que pase, sempre vas ter un teito onde vivir e un prato do que alimentarse cada día.
Outras das cuestións que máis tiña preocupados aos galegos fai vinte anos era a cuestión do idioma na ensinanza. Hoxe podemos dicir que toda persoa que sexa nada en Galicia empezará falando o idioma galego como principal, gozando tamén dos beneficios de ser bilingüe e poder utilizar as dúas linguas sempre e cando se precise. O galego medrou moito máis e miles de mozos e mozas lanzáronse a escribir libros no noso idioma, polo que agora gozamos de moita máis historia da literatura.


En resumidas contas, Galicia é unha comunidade onde a igualdade e os dereitos de cada cidadán están á orde do día. Sei que fixen ven en emigrar porque o futuro víase moi negro pero iso me serviu para comprender que nunca se está mellor como na casa. E sobretodo cando o noso fogar está mellor que nunca. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario