martes, 20 de mayo de 2014

Progreso ≠ Destrucción do planeta

Despois de dar unha visión utópica e outra distópica da realidade, ámbalas dúas poucos realistas e con poucas posibilidades de que ocorran (quen sabe), agora quero tratar algo que sí que é real, está a acontecer ao noso arredor e nós non facemos nada por evitalo: a destrucción do medio ambiente. Vale si, soa a topicazo de ONG e mil lerias máis, pero se vos parades a pensar só un momento, que é o único que se mantén unha vez mortos ,¿que é o que leva entre nós antes de que existiramos e que nos tomamos como se fose noso? a natureza, o entorno.


Nos últimos 100 anos destruímos o planeta máis do que o fixo a humanidade en toda a súa historia. Se facemos comparación dos 4.6 billóns de anos que ten a Terra e o estrapolamos a 46 anos, nós levamos aquí 4 horas, e das 4 horas, dende fai un minuto destruímos máis do 50% dos bosques existente na Terra. Cremos que todo isto é noso, que podemos utilizalo ao noso antollo. Talamos árbores, construímos autopistas que atravesan bosques enteros, contaminamos ríos, mares. Se nos paramos a pensar somos o peor para o planeta, non facemos más que empeoralo. Xa que vivimos nel, que menos que intentar danalo o menos posible; pero non, iso non favorece ao beneficio económico, ni ao "progreso". Ahí está o quid da cuestión, nestas últimas décadas asociamos o progreso, esa palabra tan terrorífica polo que conleva, ao desenvolvemento sen ter en conta o medio ambiente. Creamos un montón de cousas, somos súper desenvolvidos, pero ao final non nos paramos a pensar no más esencial, cuidar o sitio onde vivimos. O son eu que estou medio tolo, o somos parvos de todo.



Pero bueno, chegará o día no que nos demos conta do que facemos, pero probablemente será demasiado tarde, polo de agora asistiremos, por poñer un exemplo do máis cercano, como queiman os bosques, arrasan con praias ou explotan ata a saciedade as minas. A natureza algún día se fartará e nos fará ver o ocorrido, pero bueno, se vos parades a pensar xa o fai agora, e maís non existe unha merda de conciención. Así é o ser humano, para unhas cousas nos cremos super listos, e para outras somos maís parvos que ninguén.

No hay comentarios:

Publicar un comentario