Miro ao meu arredor, e todo o que vexo é moi chungo. Tan chungo como que sinto que o ser humano é realmente o parásito deste mundo. Un mundo destruído por nós e só por nós. Non nos importa nada máis que nós mesmos. Vivimos na era individualista por excelencia, nos da exactamente igual o que lle pase ó prójimo, só nos preocupamos por nós mesmos, polo que temos, polo que non temos, polo que ten o de al lado. Así é como vexo o futuro, moi fodido. Intento non ser pesimista, pero parece que non selo é estar cego. Cego ao non querer ver o pan de cada día, o que a maioría da xente intenta olvidar, vivindo nun mundo banal, simple, sen preocupacións. Tales como que estámonos a matar os uns aos outros, pero bueno iso sempre pasou non? Xa é tradición, converteuse en algo normal.
Parece que ante isto hai dúas maneiras de afrontar o futuro tan turbio que nos ven, unha é confiar en que todo vai mellorar, ser un utópico, que ao fin ao cabo todos temos un no noso interior, a outra ter unha visión pesimista, que agora mesmo é a única que son capaz de ter, pensar que todo acabará no malo, é dicir, pensar nunha distopía. Penso poñerme nas dúas posicións, e dar a miña visión do futuro, que polo visto non é tan lonxe.
No hay comentarios:
Publicar un comentario